InicioEconomíaTraballadores de Vitrasa amplían os paros parciais e critican o "deixamento e...

Traballadores de Vitrasa amplían os paros parciais e critican o “deixamento e silencio” do Concello

A partir do 28 de novembro os paros aumentarán en media hora por quenda, pasando a ser os luns, mércores e venres de 07,30 a 09,00 horas; de 14,00 a 15,30 horas, e de 00,00 a 01,30 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, a concesionaria de transporte urbano do Concello de Vigo, anunciou que a partir do próximo luns, 28 de novembro, ampliaranse os paros parciais en media hora por quenda, pasando a ser os luns, mércores e venres de 07,30 a 09,00 horas; de 14,00 a 15,30 horas, e de 00,00 a 01,30 horas.

“Vémonos obrigados a tomar esta medida xa que os servizos mínimos decretados polo Concello entendemos que unha vez máis vulneran o noso dereito a folga, posto que á hora que decidiramos realizar os paros unicamente para o 20% do servizo”, criticaron os traballadores nun comunicado.

Por iso, os servizos mínimos foron denunciados á espera de que o xulgado os considere “abusivos” como en anteriores ocasións.

Lamentamos o prexuízo que podamos causar á cidadanía, pero exercer o noso dereito a folga é a única forma de seguir reivindicando unhas melloras laborais que consideramos imprescindibles”, engadiu o comité, que pide máis tempo de descanso durante a xornada laboral ou unha actualización de salarios, entre outras reivindicacións.

Para os empregados de Vitrasa, é “inexplicable” o “deixamento e o silencio” do Concello, que despois de varias semanas de paros “non tentou mediar nun conflito laboral que afecta a un servizo esencial que é a súa responsabilidade”.

Tampouco resulta entendible que permita a Vitrasa incumprir o prego de condicións en canto a renovación de frota, redución de frecuencias, liñas e servizos co único obxectivo de mellorar a rendibilidade e en contra dos intereses da cidadanía”, engadiu o comité.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...