InicioEconomíaVigo recibe 6,4 millóns de fondos europeos para programas de rehabilitación de...

Vigo recibe 6,4 millóns de fondos europeos para programas de rehabilitación de vivendas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo recibiu 6,4 millóns de euros de fondos europeos para programas de rehabilitación de vivendas, segundo anunciou este venres o alcalde, Abel Caballero.

En rolda de prensa, o rexedor explicou que a cidade presentou unha petición de axudas para 12 barrios enmarcadas no programa de Contornas Residenciais de Rehabilitación Programada. Os fondos financian polo menos o 40% do investimento.

Precisamente, oito desas zonas tamén están recoñecidas como Áreas de Rehabilitación Integral, polo que xa gozan doutro tipo de subvencións, como é o caso do Casco Vello ou de Bouzas.

Caballero puxo en valor que Vigo recibirá 6,4 millóns do total de 11 millóns que o Goberno central outorgou a Galicia dos fondos europeos para a rehabilitación de vivendas.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...