InicioEconomíaOs socialistas reivindican "intensificar as axudas" a Stellantis Vigo

Os socialistas reivindican “intensificar as axudas” a Stellantis Vigo

Formoso celebra a "magnífica noticia" que supón o anuncio do Goberno central de integrar a solicitude do grupo automobilístico nas axudas do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) do vehículo eléctrico e conectado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, destacou este martes a “magnífica nova” que supón o anuncio do Goberno de integrar a solicitude do grupo automobilístico Stellantis nas axudas do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) do vehículo eléctrico e conectado.

Así o sinalou Formoso na súa visita ao Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) do Porriño, onde reivindicou a importancia de “intensificar as axudas” que permitan a asignación a este centro de produción da nova plataforma eléctrica no ano 2024.

Formoso subliñou que a factoría viguesa emprega miles de persoas e “arrastra indirectamente todo o tecido produtivo de Galicia”. Por iso, destacou o apoio “intenso” dos socialistas galegos a este “polo industrial estratéxico” para toda Galicia.

O líder do PSdeG solicitou tamén ao Executivo que permita a conexión eléctrica de moi alta tensión á planta viguesa, para garantir a supresión de microcortes de enerxía que supoñen “perdas económicas moi importantes nun mundo tan competitivo como é o do automóbil a nivel mundial”.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...