InicioEconomíaTui, entre as cidades máis escollidas para iniciar o Camiño de Santiago

Tui, entre as cidades máis escollidas para iniciar o Camiño de Santiago

Nela emprenderon o Camiño Portugués o 35% dos 14.805 peregrinos e peregrinas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os datos publicados pola Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago correspondentes ao pasado mes de setembro sitúan de novo a cidade de Tui nos primeiros lugares escollidos polos peregrinos xacobeos para iniciar o seu Camiño cara a tumba do apóstolo Santiago.

En concreto, un total de 5.255 peregrinos escolleron Tui para iniciar a súa peregrinación, un 35% dos 14.805 peregrinos que realizaron o Camiño Portugués o pasado mes de setembro. Así, Tui unicamente foi superada pola localidade lucense de Sarria, no
Camiño Francés, con máis de vinte mil peregrinos, e pola cidade portuguesa de Porto, onde comezaron o Camiño un total de 5.736 peregrinos.

“Cabe sinalar que se a Tui sumamos os datos de Valença, que con 1.854 peregrinos ocupa a sexta posición como lugar de inicio da peregrinación xacobea, teriamos que na Eurocidade Tui-Valença iniciaron o Camiño de Santiago un total de 7.109 peregrinos no pasado mes de setembro”, sinala o Concello de Tui, que asegura que o “dinamismo” do Camiño Portugués, que ten a súa porta de entrada en Galicia en Tui, queda acreditado polas 14.805 persoas que realizaron este itinerario. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, expresa a súa “satisfacción” por estes datos, que “confirman a importancia que a nosa cidade ten no ámbito xacobeo”. “Esta achega dos peregrinos e peregrinas resulta de gran importancia para Tui porque contribúe ao desenvolvemento socio-económico do noso concello e converte a cidade en referencia obrigada”, sentenza.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...