InicioEconomíaDeputación e AECT Rio Minho poñen en valor o territorio miñoto como...

Deputación e AECT Rio Minho poñen en valor o territorio miñoto como destino de natureza

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho e a Deputación de Pontevedra vanzarin que, nos próximos días, darase a coñecer o proxecto de acondicionamento dunha nova senda na marxe do Miño, en Tui.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Rio Minho e a Deputación de Pontevedra puxeron en valor este martes, Día Internacional do Turismo, o territorio ‘miñoto’ como destino transfronteirizo de natureza e patrimonio, e avanzaron dúas novas actuacións: a creación dun Centro de Interpretación do Patrimonio Inmaterial e o acondicionamento dun novo carreiro en Tui.

Así o anunciou o deputado provincial de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT, Uxío Benítez, durante a celebración da xornada ‘Crescimento e Sustentabilidade‘ organizada polo grupo editorial Vida Económica, en colaboración coa Cámara Municipal de Valença.

Na súa intervención, destacou o “enorme potencial e atractivo turístico” deste territorio, baixo a “marca” Rio Minho, que agrupa a 16 concellos galegos e 10 portugueses, baixo a lema ‘Un río, dous países, un destino’.

Segundo destacou, esta marca xa está a ser utilizada para ofertar produtos turísticos en todo o territorio ‘miñoto’, nas oficinas de atención a visitantes de Tui, Salvaterra, Monçao e Valença.

Así mesmo, avanzou que a AECT traballa en varias iniciativas dentro da Estratexia 2030 de promoción desta zona como destino. Respecto diso, este martes asinouse un protocolo de colaboración coa Cámara Municipal de Valença e a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…Nas Ondas! para o desenvolvemento dun Centro de Interpretación do Patrimonio Inmaterial, no ámbito do proxecto LIVHES, cofinanciado polo Interreg 2014-2020.

En virtude deste acordo crearase unha plataforma dixital sobre o patrimonio inmaterial transfronteirizo, na que Ponte…Nas Ondas! será responsable de contidos, e porá disposición todo o material. Tamén se habilitarán unhas instalacións físicas nas que haberá exposicións sobre tradición oral, cultura marítimo-fluvial ou cultura agraria, entre outros temas.

Uxío Benítez tamén avanzou que, nos próximos días, darase a coñecer o proxecto de acondicionamento dunha nova senda na marxe do Miño, en Tui. Trátase dun tramo que se incorporará ao Anel Verde, a rede de carreiros transfronteirizos nesta área.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...