InicioEconomíaNovas paradas en Stellantis Vigo pola crise dos microchips

Novas paradas en Stellantis Vigo pola crise dos microchips

PUBLICADO O

- Advertisement -

Novo parón da planta de Stellantis en Vigo  por falta de subministros. A empresa volve prorrogar a suspensión de actividade en ambos os sistemas de produción debido aos problemas de aprovisionamento, segundo comunicou a dirección da empresa ao persoal.

Así, fai algo máis dunha semana anunciaba paradas en ambos os sistemas e, o pasado venres, informaba de que esa suspensión de actividade debían prolongarse uns días. Este luns confirmou que a parada se ampliará ata a próxima semana.

Deste xeito, a produción no sistema 1 (que monta o Peugeot 2008, Peugeot 301 e C-Elysée) e no sistema 2 (que monta as furgonetas Berlingo, Peugeot Rifter/Partner, Opel Combo e Fiat Doblò), queda suspendida ata o luns 5 setembro, cando se prevé a volta ao traballo na quenda da mañá.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...