InicioEconomíaStellantis Vigo prolonga a súa parada por falta de subministracións en ambos...

Stellantis Vigo prolonga a súa parada por falta de subministracións en ambos os sistemas e no taller de baterías

Cancela a actividade nos sitemas que montan varias furgonetas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A parada anunciada para este fin de semana na planta de Stellantis en Vigo por problemas de aprovisionamento prolongarase uns días máis, tal e como comunicou a empresa ao persoal este venres.

Así, “por causas de forza maior”, comunicou novas “alteracións” na produción, de maneira que se cancela a actividade no sistema 1 (o que monta o Peugeot 2008, Peugeot 301 e C-Elysée) na quenda da mañá do sábado, na noite do domingo e no tres quendas de luns e martes. A previsión en retomar a produción o mércores ás 6,00 horas.

Con respecto ao sistema 2 (que monta as furgonetas Berlingo, Peugeot Rifter/Partner, Opel Combo e Fiat Doblò), suspéndese a quenda da mañá do sábado, o da noite do domingo, as tres quendas do luns e as quendas de mañá e tarde do martes. Deste xeito, reiniciarase a actividade na quenda de noite do martes ao mércores.

Finalmente, no taller de baterías están suspendidos o tres quendas deste venres, e tampouco traballarán nin o luns nin o martes, coa previsión de volver á actividade ás 6,00 horas do mércores.

ÚLTIMAS

A falta de compoñentes obriga a Stellantis Vigo a suspender a produción do modelo Peugeot 2000

Stellantis Vigo suspenderá a actividade produtiva do Sistema 1, o que fabrica o Peugeot...

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...