InicioEconomíaO aeroporto de Vigo aumenta os seus pasaxeiros un 4%

O aeroporto de Vigo aumenta os seus pasaxeiros un 4%

Tamén soben en Santiago, pero baixan na Coruña.

PUBLICADO O

Os aeroportos de Santiago e Vigo rexistraron senllos incrementos nos pasaxeiros transportados en xullo, do 20,6% e do 4% en comparación con igual período de 2019, respectivamente, mentres que o da Coruña anotouse un descenso do 31,8%, segundo os datos que publica este venres Aena.

En canto ao aeroporto compostelán, un total de 364.186 viaxeiros fixeron uso das instalacións aeroportuarias e operáronse 2.780 voos, un 24,6% máis que o mesmo mes de fai tres anos, antes da pandemia do coronavirus. Entre xaneiro e xullo rexistráronse máis de 1,7 millóns de viaxeiros.

En canto á cidade olívica, os pasaxeiros alcanzaron os 104.625 e as operacións situáronse en 1.521, un 31,3% máis. As mercadorías transportadas diminuíron un 33,9%.

Pola súa banda, na Coruña, con 88.740 viaxeiros, un 31,8% menos que en xullo de 2019, pero un 22,3% máis que o sétimo mes de 2021, as operacións tamén caeron, un 21,7%, ata 1.375, e as mercadorías reducíronse un 39,8%.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...