InicioEconomíaAbel Caballero presume de turismo: "vai como un canón"

Abel Caballero presume de turismo: “vai como un canón”

Supera o 85% de ocupación media en xullo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que o turismo da cidade vai “como un canón” ao superar o 85,2% de ocupación media no mes de xullo, oito puntos porcentuais máis que o 77% do mesmo mes de 2021.

Tal como informou o rexedor na súa rolda de prensa diaria, só o pasado fin de semana, o da ponte do 25 de xullo, a ocupación media alzouse ata o 93%, chegando o sábado 23 a colgarse o cartel de cheo en practicamente todos os hoteis de Vigo.

Vigo xoga un papel moi importante no ámbito turístico deste país“, reivindicou Caballero, asegurando que as Illas Cíes, os concertos e o Nadal impulsaron o turismo durante todo o ano. Segundo el, trátase de visitantes “de altísima calidade”, que se hospedan en hoteis de 2, 3, 4 e 5 estrelas e que pasan varios días na urbe.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...