InicioEconomíaCIG leva ao xulgado o rexistro retributivo da empresa viguesa Domiberia por...

CIG leva ao xulgado o rexistro retributivo da empresa viguesa Domiberia por “vulnerar o dereito de igualdade”

O sindicato xa levou hai unhas semanas o grupo automobilístico Stellantis ante os xulgados precisamente por considerar que o seu plan de igualdade tiña "moitas carencias legais", pero o xulgado desestimou a demanda.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Social número 6 de Vigo acollerá o vindeiro luns, 1 de esgoto, o xuízo contra o rexistro retributivo da compañía viguesa Domiberia, despois da denuncia presentada pola CIG ao entender que vulnera o dereito fundamental de igualdade entre mulleres e homes.

Tal como explicou a central sindical, a CIG detectou unha serie de “irregularidades” no rexistro de 2020, unha vez que foi entregado pola empresa o ano pasado.

“Solicitámolo porque era o primeiro ano que tiñan a obriga de facelo público tras a entrada en vigor do real decreto de igualdade retributiva entre mulleres e homes”, explicou a CIG.

Para eles, na práctica a empresa fai un “paripé” e presenta documentos con “moitas carencias legais” para cumprir coa obriga normativa, “xa que esta mesma problemática se atopa en moitas compañías, tanto a nivel de rexistro retributivo como de negociación de plans de igualdade”.

Por iso, lamentou que as firmas non tomen en serio este tipo de ferramentas de promoción da igualdade, “senón que tentan cubrir simplemente o trámite legal sen negociación e mediante un proceso escuro no que moitas veces ocultan información“.

A CIG tamén levou hai unhas semanas o grupo automobilístico Stellantis ante os xulgados precisamente por considerar que o seu plan de igualdade tiña “moitas carencias legais”. Con todo, o Xulgado do Social número 2 de Vigo desestimou a demanda do sindicato e confirmou a validez da política de igualdade do fabricante de vehículos.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...