InicioEconomíaOs traballadores de Vitrasa irán á folga se a empresa confirma o...

Os traballadores de Vitrasa irán á folga se a empresa confirma o recorte salarial

Entre o persoal hai "máis unidade que nunca", din.

PUBLICADO O

A asemblea de traballadores da concesionaria do transporte público urbano de Vigo, Vitrasa, decidiu este sábado pola noite que irán á folga se a empresa continua coa pretensión de non aplicar o convenio colectivo e rebaixar os soldos un 30% no que queda de ano e un 14% o ano que vén.

A votación a prol da folga, proposta polo comité de empresa, saíu adiante con 157 votos a favor, tres nulos e un en contra, segundo informaron os sindicatos.

Ademais, os traballadores tamén votaron entre a posibilidade de realizar paros parciais, a petición dalgúns empregados, ou realizar unha folga completa, tal e como propuña o comité e que, finalmente, foi a opción vencedora con 97 votos a favor por 60 da opción de realizar paros parciais.

Así mesmo, o comité de empresa manifestou a súa satisfacción por estes resultados que, aseguran, demostran que entre o persoal hai “máis unidade que nunca”.

Deste xeito, a folga comezará en canto se faga efectivo o recorte salarial anunciado pola empresa e, mentres tanto, o comité xa anunciou novas mobilizacións. Así, o xoves día 12 está previsto que se concentren diante do Concello entre as 10,30 horas e as 11,30 horas e o xoves manifestaranse desde llorones ata Policarpo Sanz ás 19,00 horas.

ÚLTIMAS

A ministra Pilar Alegría non puido celebrar un acto en Vigo pola imposibilidade de entrar na cidade por colapso de tráfico

O colapso de tráfico nos accesos viarios a Vigo obrigou a suspender un acto...

Convocada para este domingo en Vigo unha concentración en repulsa polo asasinato machista de Oroso

O Feminismo Unitario de Vigo convocou para este domingo unha concentración en repulsa do...

O goberno municipal insiste no “interese político” da folga de Vitrasa: “Queren danar o Nadal e á xente”

O goberno municipal de Vigo defendeu este venres a súa actuación ante o conflito de Vitrasa, concesionaria...

Intervidas case 1.800 plantas de marihuana no operativo antidroga no Baixo Miño que se saldou con 6 detidos

Comisaría Provincial de Pontevedra, o Grupo I da Udyco da Comisaría Vigo-Redondela e o...