InicioEconomíaO BNG pide que se paralicen os novos chalés de Cabo Estai...

O BNG pide que se paralicen os novos chalés de Cabo Estai por “irregularidades” denunciadas por veciños

Pide acceso á integridade do expediente urbanístico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo solicitou a paralización cautelar das obras para o proxecto de seis novos chalés en Cabo Estai ante as “graves irregularidades” denunciadas pola Asociación Veciñal de San Miguel de Oia.

Así, os nacionalistas reclamaron que se aclaren estas “anomalías” antes de continuar coa construción desta urbanización en primeira liña de costa.

“Falamos dun proxecto a poucos metros do litoral que, máis aló do seu evidente impacto paisaxístico e ambiental, está envolvido en dúbidas e sospeitas fundadas, mesmo sobre a titularidade real de parte dos terreos que se pretenden incorporar na construción”, indicou o concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas.

Por iso, pediu acceso á integridade do expediente urbanístico co que o Concello deu o visto e prace para a concesión da licenza municipal do proxecto.

“Unha licenza que foi outorgada ademais no tempo de desconto, a poucos días de que se decretase a suspensión das mesmas pola aprobación inicial da modificación do novo PXOM”, subliñou o edil nacionalista.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...