InicioReformas na estrada para eliminar un punto negro á saída de Cangas

Reformas na estrada para eliminar un punto negro á saída de Cangas

Custarán case 830.000 euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por case 830.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-551 en Coiro e Tirán, nos concellos pontevedreses de Cangas e de Moaña.

Tal como indicou a Xunta nun comunicado, trátase dunha nova intervención no marco da estratexia do Goberno autonómico para eliminar tramos de concentración de accidentes na rede viaria autonómica. Neste caso, actuarase nun tramo de 1,9 quilómetros entre a saída da travesía de Cangas, na zona da rotonda do Gordo, e a intersección de acceso ao colexio Tirán, xa en Moaña.

As obras foron adxudicadas á empresa Construcións E.C. Casas e iniciaranse esta primavera, co obxectivo de que estean terminadas antes de final de ano, xa que teñen un prazo de execución de seis meses. O orzamento total destinado a esta intervención ascende a 1,1 millóns de euros, tendo en conta o pago das expropiacións dos terreos necesarios para executar a actuación.

ÚLTIMAS

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...

Vigo desbloquea a tramitación urbanística para a nova Praza de España

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará definitivamente o vindeiro martes os...