InicioAs obras da intermodal de Cangas rematarán en xullo, segundo a Xunta

As obras da intermodal de Cangas rematarán en xullo, segundo a Xunta

Ethel Vázquez asegura que a intervención vai "lenta" pola folga de transporte.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou este xoves a estación intermodal de Cangas para supervisar o avance das obras de reforma iniciadas en marzo, e confirmou que os traballos estarán finalizados en xullo, tras un investimento de 400.000 euros por parte da administración autonómica.

Segundo apuntou a conselleira, nesta área intermodal, a estación de buses acolle cada ano a 70.000 viaxeiros e 40.000 expedicións, mentres que a estación marítima rexistrou o ano pasado case 700.000 usuarios. As obras de reforma permitirán “pór en valor o edificio singular, mantendo a súa estética orixinal, e potenciarase o carácter intermodal, mellorando a funcionalidade, as condicións de seguridade na contorna, facilitando a accesibilidade e cunha aposta pola eficiencia enerxética”, incidiu.

As obras evolucionaron lentamente ata o momento debido, segundo Ethel Vázquez, ao paro do transporte, aínda que esta semana xa comezaron os traballos de demolición na dársena dos autobuses. A partir de aí avanzarase nas instalacións interiores coa climatización e ventilación e, pasada a Semana Santa, iniciarase a limpeza e o decapado dos elementos exteriores metálicos e os traballos da cuberta. A finais de abril será o momento das particiones e cerramentos, as portas de acceso, revestimentos, falsos teitos e chapas de remate da fachada.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...