InicioNa procura das mulleres emprendedoras de Tui

Na procura das mulleres emprendedoras de Tui

Baseada na filosofía Networking consiste no establecemento dunha "rede profesional de contactos"

PUBLICADO O

Mulleres Conectadas” é o título do primeira xornada de negocios que se vai celebrar o martes, 29 de marzo, na Aula da UNED de Tui. Está organizado polo Concello de Tui, a través da concellería de igualdade, dentro programación do mes de marzo.

“Mulleres conectadas” será encontro de mulleres, un espazo para xerar oportunidades, compartir experiencias, crear redes e fortalecer o talento con un fin común, profesional, persoal e colaborativo. Será un encontro en feminino para promocionar, coñecer e conectar.

Segundo apunta o concello nun comunicado, esta actividade, baseada na filosofía Networking consiste no establecemento dunha “rede profesional de contactos” para intercambiar información e coñecementos en beneficio mutuo.

“Mulleres Conectadas é unha ferramenta comercial, para conectar persoas e empresas con una característica común, ser muller empresaria , emprendedora ou directiva”, engade.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...