InicioEconomíaO Auditorio do Mar de Vigo acollerá a Gala 'Love Rías Baixas'

O Auditorio do Mar de Vigo acollerá a Gala ‘Love Rías Baixas’

Será o xoves 17 de marzo e na gala participarán as Tanxugueiras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Auditorio do Mar de Vigo acollerá o xoves 17 de marzo a Gala do Turismo da provincia de Pontevedra, evento organizado pola Deputación pontevedresa e que ten como obxectivo “presumir” do sector turístico da provincia.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou que esta cita “é das máis potentes de todo o Estado español”. “Volveremos presumir do noso sector turístico”, aseverou Silva, que remarcou que este 2022 é un ano no que hai “moito que celebrar”.

A gala estará conducida pola actriz viguesa Jazmín Abuín e foi concibida como un espectáculo televisivo, incluíndo ‘photocall’ e alfombra vermella. “Porque somos un destino de Oscar, sen ningunha dúbida”, apostilou Silva, que confirmou que o acto contará coa actuación de Tanxugueiras.

Ademais a gala contará coas acrobacias e a animación da compañía Pablo Méndez Performances, que ten preparado un espectáculo “brutal, moi sorprendente”.

No transcurso da velada proxectarase o vídeo da campaña ‘#LoveRíasBaixas’ e outras pezas audiovisuais. “Será unha gran gala na que mostraremos a fortaleza do destino”, remarcou.

Nesta ocasión, será nomeada como embaixadora deste destino a Ruta do Viño Rías Baixas durante un evento ao que poderán asistir 300 persoas e que poderán ser seguido en directo por streaming.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...