InicioEconomíaComezan as obras da segunda fase das ramplas de Gran Vía, cun...

Comezan as obras da segunda fase das ramplas de Gran Vía, cun orzamento de 4,2 millóns

Abel Caballero puxo este venres a primeira pedra das obras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo este venres a primeira pedra das obras da segunda fase das ramplas de Gran Vía, que contarán cun orzamento de máis de 4,2 millóns de euros para instalar dous novos tramos entre a rúa Venezuela e Praza España.

Así, tal como informou o rexedor, o prazo estimado para acometer a actuación será de oito meses e espérase que parte do orzamento proveña dos fondos Next Generation da Unión Europea.

En total, a renovación da Gran Vía, entre o cruzamento con Urzaiz ata Praza de España custaría case 10 millóns de euros. Desde este venres xa se atopa cortado un carril de ascenso da rúa polo inicio das obras.

Estas novas ramplas contarán cun pavimento descontaminante e un novo xardín, tanto interior como exterior. Tamén se renovarán as redes de saneamento, abastecemento e pluviais, entre outras.

ÚLTIMAS

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...

A Cátedra Ardán sitúa a Interfish España como un alicerce estratéxico para a economía

A Cátedra Ardán, impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Universidade...

Detido un home en Vigo por agredir e romperlle o beizo a unha muller en plena rúa

Un home, H.J.R. de 40 anos de idade, foi detido o pasado sábado en...

Temor no sector naval pola escaseza de persoal cualificado

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, valorou este martes o "bo momento" da...