InicioEconomíaO 93% dos contratos asinados en xullo son temporais e o 30%...

O 93% dos contratos asinados en xullo son temporais e o 30% dos asalariados non alcanza o SMI

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os datos do paro do pasado mes de xullo, feitos públicos este xoves, confirman para a CIG “a consolidación da temporalidade e da desprotección social instalada no mercado laboral galego e o descenso da contratación indefinida”, xa que o 93,21% dos 118.568 contratos asinados neste período foron de carácter temporal.

“Paralelamente, a desprotección social das persoas desempregadas continúa en niveis insoportábeis: máis da metade non ingresa ningún tipo de prestación”, destacan dende a central sindical.

O mes de xullo rematou con 163.412 persoas desempregadas en Galicia, 6653 menos con respecto a xuño, polo que paro descendeu un 3,9% neste período. Esta leve baixada do paro contrasta cos 118.568 contratos asinados (14.898 máis que en xuño, o que supón un incremento do 14,4%). Destes, un total de 110.516 foron de carácter temporal (93,21%). Deste xeito, á escasa duración dos contratos hai que sumarlle a elevada rotación dos mesmos.

“A xa reducida contratación indefinida que se rexistra mes a mes decreceu un 2,8% (231 contratos menos que en xuño) polo que a porcentaxe de contratos rexistrados baixo algunha das modalidades de contratación indefinida descende até o 6,8% (no mes anterior fora do 8,5%), subliñan. O descenso do paro en termos absolutos prodúcese maioritariamente no sector servizos, o que explica esta elevada temporalidade, parcialidade e rotación dos contratos.

Para o secretario confederal de Emprego e Industria da CIG, Fran Cartelle, estes datos amosan claramente que “o modelo PP segue a asentarse, cun mercado laboral caracterizado pola temporalidade, o descenso da contratacion indefinida e a escasa cobertura das persoas desempregadas”.

Considera que mentres se sigan a aplicar as mesmas políticas obteranse os mesmos resultados: “máis precariedade, máis temporalidade e máis parcialidade no emprego” e sostén que “non temos nada do que parabenizarnos, pois de pouco vale que aumenten as porcentaxes de ocupación se todo o emprego que se crea é precario”.

Finalmente, fai fincapé en que para a CIG é o momento de actuar sobre a calidade do emprego “para garantir que ter un traballo signifique poder vivir en condicións dignas”, xa que na actualidade “a maior parte dos contratos que se rexistran son de escasa duración e con salarios miserábeis. Tanto é así que a día de hoxe en Galiza un 30% das persoas asalariadas perciben ao ano uns ingresos inferiores ao SMI”.

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...