InicioEconomíaOs parques eólicos non melloraron a vida dos veciños no rural en...

Os parques eólicos non melloraron a vida dos veciños no rural en Galicia

A Universidade de Vigo presena un estudo que pon na balanza o retorno e beneficios que supuxo a instalación dos parques eólico no conello lucense de Muras. O concello coa media de MW por quilómetro cadrado máis alta de España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os nosos veciños e veciños están igual ca antes malia o impacto que veñen sufrindo. Non hai ningún concello en toda España que se mova nas cifras de Muras: 1,6 MW por quilómetro cadrado instalados, cando a media da comunidade galega son 0,14 MW”. Son as duras críticas que realizou o rexedor de Muras, Manuel Requeijo, con varios parques instalados no concello.

O rexedor murense fixo estas declaracións hai uns días na presentación dun estudo encargado a dous investigadores e docentes da Universidade de Vigo sobre o impacto que teñen os parques eólicos no municipio chairego, o que máis aeroxeradores ten en Galicia.

A media que percibiron os mureses polo alugueiro dos seus terreos para a colocación dos muíños é do 1,5%, moi inferior ao resto de Galicia, porque noutras zonas é do 3%. Por riba dende 2010 a Xunta recadou nos parques eólicos de Muras 2,2 millóns de euros, dos cales o Concello só percibiu unha cuarta parte, 500.000 euros ao ano.

Os autores de “Enerxía eólica en Muras: análise do seu impacto territorial, económico, ambiental e enerxético” son Xabier Simón e María Montero, docentes de Economía Aplicada e Macroeconomía na Universidade de Vigo e expertos en renovables. “Terra Chá é motor da enerxía eólica en Galicia pero desgraciadamente esta nova renda non permitiu correxir os problemas estruturais en poboación, renda, emprego, non atopamos indicadores que nos permitan afirmar que houbo unha relación positiva entre investimentos eólicos, produción de enerxía renovable e cambio nas condicións de vida dos veciños”, dixo Xabier Simón.

Simón e Montero forman parte do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia da Universidade de Vigo, equipo que traballa para mudar o sistema socioeconómico poñendo o foco nas persoas e as comunidades e cunha dimensión ambiental e social. Tamén lidera o Observatorio Eólico de Galicia, o OEGA, que leva máis de 10 anos estudando os procesos vinculados cos parques eólicos no mundo rural galego.

ÚLTIMAS

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...

O BNG esixe suspender a nova licitación do bus en Vigo para evitar unha “hipoteca” de nove anos

O Pleno do Concello de Vigo debaterá o vindeiro luns unha moción do BNG...

A Garda Civil investiga a unha veciña de Baiona por explotar e ameazar a mulleres estranxeiras “sen papeis”

A Garda Civil investiga a unha muller residente en Baiona (Pontevedra) como presunta autora...