InicioEconomíaCaballero atribúe a aparición das Cíes en The New York Times á...

Caballero atribúe a aparición das Cíes en The New York Times á campaña do Concello para que sexa Patrimonio da Humanidade

Acusa a Xunta de exercer a "pirataría" para promover unha candidatura ante a UNESCO do conxunto do Parque Nacional Illas Atlánticas, coa única finalidade de "rebentar" a iniciativa municipal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, describiu como “unha nova incomensurablemente importante”, a aparición das illas Cíes como destino turístico para 2022, entre os mellores 52 lugares “para un mundo cambiado” segundo o xornal The New York Times, e atribuíu esta presenza do arquipélago vigués no diario “máis importante do mundo” á campaña iniciada polo Concello para promover a súa designación como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

O rexedor explicou que a reportaxe, publicada este luns, recolle 52 lugares do mundo para visitar este ano, e onde “o viaxeiro pode ser parte da solución”, en alusión a problemas como a masificación turística ou o cambio climático. Nesa listaxe de destinos de todo o planeta, só hai dous en España: a illa do Hierro, en Canarias; e as illas Cíes, á entrada da ría de Vigo.

O alcalde destacou que o arquipélago vigués está nesta listaxe á beira de destinos como Chioggia (Italia), o Parque Nacional Chimanimani (Mozambique), a selva de Daintree (Australia), Queens-New York (EE.UU.) ou Northumberland (Inglaterra). Así mesmo, tamén recalcou que, xa hai dous anos, The New York Times “dedicou as súas páxinas centrais ao Nadal de Vigo”.

“Saben por que as Cíes están aquí (no xornal americano)? Porque hai sete anos empezamos a falar de Cíes Patrimonio da Humanidade e puxémolas no planeta, co noso lema e a nosa atención”, proclamou Caballero que volveu denunciar que, “se non fose polo bloqueo da Xunta, agora serían Patrimonio da Humanidade”.

Así, o alcalde repetiu que o Goberno galego exerceu a “pirataría” para promover unha candidatura ante a UNESCO do conxunto do Parque Nacional Illas Atlánticas, coa única finalidade de “rebentar” a iniciativa municipal. Segundo Caballero, esa actitude é unha mostra máis da “animadversión de Feijóo e do PP cara a Vigo”.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...