InicioSociedadeDesestimada a demanda contra a redución de xornada en PSA: "Conciben os...

Desestimada a demanda contra a redución de xornada en PSA: “Conciben os traballadores como máquinas”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Social número 1 de Vigo vén de desestimar a demanda presentada pola CIG contra o Acordo sobre os criterios de redución de xornada pactado entre Citroën e a maioría do comité de empresa (SIT-FSI, UGT e CCOO) ao entender que se trata dunha opción voluntaria que o persoal da empresa ten a maiores da normativa legal.

Dende a central da CIG xa anunciaron que recorrerán a sentenza, “xa que na práctica trátase dun sistema de redución de xornada imposto que vulnera o dereito á conciliación da vida laboral e familiar”. A CIG presentará recurso, e continuará coas mobilizacións “para lograr que se garantan os dereitos de conciliación”.

“é un sistema que só se axusta á productividade”

“Con este acordo, Citroën non só obriga ao seu persoal a acollerse a unha redución de xornada, coa merma salarial que isto supón, para poder conciliar, imposibilitando unha concreción da xornada laboral flexíbel, senón que impide o dereito das traballadoras e traballadores a poder decidir a concreción horaria da súa xornada”, denuncian.

“Estamos ante un sistema de organización do traballo que non ten en conta ás persoas. É un sistema que só se axusta á produtividade. A organización do traballo está elaborada concibindo ás traballadoras e traballadores da empresa como máquinas ao servizo da multinacional”, denuncia Corral.

“Atopámonos con que as persoas que queren ou necesitan conciliar fican obrigadas a reducir o seu tempo de traballo e, por tanto, os seus ingresos, co fin de estabelecer un horario que compaxina as necesidades de coidado familiares e o tempo de traballo”, lamentan.

“denunciamos a hipocrisía da empresa”

Critican desde a CIG que “Citroën impón un sistema horario pechado, negando a posibilidade de decidir a porcentaxe de redución, limitando o dereito a redución de xornada, de maneira que as persoas que a solicitan non podan decidir nin o tempo que precisan reducir, nin o horario que realizan, nin a duración da redución”.

“Denunciamos a hipocrisía da empresa, inmersa en longas negociacións de plans de igualdade, de medidas dirixidas a acadar a conciliación do seu persoal, ou de protocolos de acoso, que na práctica son unha cortina de fume, xa que paralelamente poñen trabas continuas no ámbito laboral ao exercicio dos nosos dereitos”, rematan.

ÚLTIMAS

Urxencias e atencións domiciliarias que corresponderían a centros de saúde serán derivadas á PAC de Vigo

A Xerencia da área Sanitaria de Vigo ordena que as urxencias e atencións domiciliarias da quenda...

Abandono ferroviario: Carme da Silva critica a situación da ‘Liña do Miño’ tras a pandemia

A senadora do BNG, Carme da Silva, esixiu ao Goberno central a recuperación total...

SPARC pecha o acordo cos seus principais investidores para establecer a planta de chips fotónicos en Valladares

SPARC Foundry asinou este luns o acordo cos seus principais investidores (Indra GRoup, Sociedade Española...

Comité e Stellantis inician a negociación para o pago da prima variable cun novo marco regulador

Os sindicatos e a dirección de Stellantis Vigo iniciaron as negociacións para buscar unha alternativa á...