InicioVigo e contornaRedondelaNaturgy inicia obras para "minimizar o impacto visual" das liñas de alta...

Naturgy inicia obras para “minimizar o impacto visual” das liñas de alta tensión en Redondela

Suporá un investimento de 150.000€.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A compañía enerxética Naturgy, a través da súa distribuidora eléctrica UFD, investiu uns 150.000 euros para a renovación das infraestruturas de subministración no municipio pontevedrés de Redondela. Nun comunicado, a empresa sinala que o desembolso para o concello da contorna da cidade de Vigo estaba contemplado no seu plan de investimentos do último ano.

En concreto, as actuacións consistiron na construción dunha nova liña de media tensión de 1.122 metros e un novo centro de transformación de 250 kilovoltiamperios para a parroquia de Cesantes. A instalación desta nova infraestrutura levou o desmonte de case unha vintena de apoios de media tensión, o que supuxo, segundo a compañía, “minimizar o impacto visual” da instalación.

ÚLTIMAS

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...