InicioEconomíaA Zona Franca de Vigo, recoñecida polos Premios á Innovación na Xestión...

A Zona Franca de Vigo, recoñecida polos Premios á Innovación na Xestión Pública polos indicadores Ardán

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Zona Franca de Vigo foi recoñecida cun accésit polos Premios á Innovación na Xestión Pública que outorga o Ministerio de Facenda e Función Pública polos indicadores Ardán, que identifican e divulgan boas prácticas empresariais en Galicia.

Así llo trasladou o director xeral de Gobernación Pública, Olivié Bayón Céspedes, ao delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, segundo trasladou este último organismo. Bayón Céspedes tamén lle avanzou a próxima publicación da orde na que o Ministerio concede esta distinción a proposta do xurado.

Pola súa banda, David Regades valorou o traballo do equipo de Ardán e todos os traballadores do Consorcio e afirmou que este recoñecemento ratifica que “os indicadores son un valor para as compañías” e reforzan a “alta consideración” que a sociedade ten dos mesmos e os informes elaborados no mesmo sentido.

En concreto, o Premio á Innovación na Xestión Pública busca recoñecer prácticas innovadoras en produtos, servizos e iniciativas que melloren a organización e os procesos de xestión.

A candidatura da Zona Franca de Vigo que obtivo o accésit céntrase nun modelo implantado en 2015 para identificar e difundir a “excelencia empresarial” en Galicia nos ámbitos da innovación, a economía circular, a igualdade e a xestión do talento.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...