InicioEconomíaO goberno de Vigo aproba inicialmente o novo PXOM

O goberno de Vigo aproba inicialmente o novo PXOM

Reserva case 160 hectáreas para novas actividades económicas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu luz verde este mércores, en sesión extraordinaria, á aprobación inicial do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) da cidade, que irá a pleno antes de final de mes e que, segundo explicou o alcalde, Abel Caballero, reserva case 160 hectáreas para novas actividades económicas.

O rexedor puxo en valor o “equilibrio” entre as actividades residenciais e as produtivas, e explicou que o novo plan reserva 159,17 hectáreas de ámbitos especializados para acoller novas actividades industriais e/ou terciarias. Como exemplos, referiuse á ampliación do polígono de Balaídos ou á transformación da Avenida de Madrid.

Desa superficie, 63,4 hectáreas están en chan urbanizable para usos mixtos (industrial e terciario ou comercial); outras 21,1 hectáreas están en chan urbanizable para uso exclusivamente terciario; e outras 53,7 hectáreas corresponden a ámbitos derivados de instrumentos supramunicipais de ordenación territorial.

Segundo engadiu o alcalde, nos ámbitos de chan urbano non consolidado e nos sectores de chan urbanizable de uso residencial establécese unha reserva para máis de 465.000 metros cadrados destinados a uso terciario de tipo urbano.

Por outra banda, Abel Caballero apuntou que, a diferenza do Plan aprobado en 2008 (e que foi anulado polo Tribunal Supremo en 2015), o novo PXOM prescinde dos polígonos de Chan do Labrador e da chamada ‘Cidade do Frío’ en Matamá-Valadares, por “razóns ambientais, paisaxísticas, orográficas e funcionais”. “Queremos que alí se faga monte, bosque, natureza e medioambiente”, proclamou.

ÚLTIMAS

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...