InicioEconomíaAbel Caballero considera que o novo albergue de peregrinos "é competencia desleal"...

Abel Caballero considera que o novo albergue de peregrinos “é competencia desleal” á hostalaría local

O alcalde denuncia "tratamento de marxinación" da Xunta con Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este xoves a apertura dun albergue público de peregrinos na cidade por parte da Xunta, á que acusou de facer “competencia desleal” ao sector hostaleiro local.

Caballero denunciou o “tratamento de marxinación” da Xunta, que é “cicatera” con Vigo, e puxo como exemplo as axudas autonómicas “á ópera da Coruña”, que son “dez veces máis que á de Vigo” (200.000 euros fronte a 20.000).

“Eu quero saber por que, é que non lle gusta Vigo, señor Feijóo?”, preguntou Caballero, quen lembrou que a cidade olívica “é o principal contribuínte de Galicia”.

Con respecto ao albergue, o alcalde censurou que dita instalación é “competencia desleal, con 70 camas, á hostalaría de Vigo”, e sinalou que a Xunta “usa o diñeiro público para ir contra a actividade dos hoteis, hostais e pensións” da cidade.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...