InicioEconomíaQue é o "Vigo actual"? O Concello móstrao en Fitur

Que é o “Vigo actual”? O Concello móstrao en Fitur

Abel Caballero presenta o programa da cidade para a Feira Internacional de Turismo, en Madrid.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo presentará este xoves na Feira Internacional de Turismo (Fitur) unha campaña de promoción turística a partir da que porá en relevo “o que é o Vigo actual: os elementos novos, a nova forma de entender a cidade, a nova cidade verde, a mobilidade vertical, os movementos culturais, as praias…”.

O alcalde da cidade, Abel Caballero, subliñou que “Vigo é a mellor cidade de España”. “Dío a OCU”, que “designa Vigo como a cidade española con máis calidade de vida”, valorando cuestións como a “seguridade cidadá, a oferta cultural, deportiva e de lecer, o medioambiente e a limpeza”, recalcou o edil.

No acto de presentación da campaña, que se celebrará ás 12,30 horas deste xoves no pavillón número 9 do Instituto Feiral de Madrid (Ifema), farase unha representación “dun personaxe da cidade que se vai de neno e regresa agora”, 15 anos despois. Así, explicará “o que é o Vigo actual, os cambios que houbo” e “a nova forma de entender a cidade”.

“Somos unha cidade cunha transformación excepcional a efectos turísticos”, remarcou Caballero, que destacou que no evento está previsto que lle acompañen “dous grandes profesionais da comunicación” naturais da cidade de Vigo, en concreto a xornalista Paula Montes e o cómico Miguel Lago.

Segundo indicou, na presentación tamén se fará mención aos eventos relacionados co Nadal en Vigo –que é “un fenómeno turístico que deu a volta ao mundo”–, a Reconquista e o festival O Marisquiño. “E aparecerá algo moi importante, e é que a situación na cidade resúmese en ‘Vigo, o mundo nunha cidade’, e ao fondo as illas Cíes”, concluíu.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...