InicioEconomíaSeguen os problemas e os paros en Stellantis Vigo por problemas de...

Seguen os problemas e os paros en Stellantis Vigo por problemas de aprovisionamento

A antiga PSA-Citröen volverá parar este martes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta viguesa do grupo Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) volverá suspender a súa actividade parcialmente este martes, obrigada por problemas de aprovisionamento (derivados da chamada ‘crise dos microchips’) e despois das paradas vén sufrindo de forma periódica desde principios de ano, as últimas, este domingo e este luns.

Segundo informou a dirección da fábrica ao comité, tras a suspensión de actividade nas tres quendas dos dous sistemas de montaxe este domingo, e a parada na quenda de mañá deste luns, a produción volverá suspenderse nos dous sistemas na noite deste martes.

Estas suspensións de actividade débense a problemas de subministración de pezas, cuxos provedores non poden servilas pola falta de microchips ou semiconductores. Precisamente, para afrontar este escenario de incerteza, a dirección da factoría pactou un ERTE co comité de empresa (excepto CIG e CUT, que non asinaron).

ÚLTIMAS

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...