InicioEconomíaAcordo entre patronal e sindicatos do metal

Acordo entre patronal e sindicatos do metal

A vixencia do novo convenio será de tres anos, desde 2020 ata 2022.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A patronal do metal da provincia de Pontevedra –Asime, Atra e Instalectra– e os sindicatos UGT e CC.OO. chegaron este martes a un preacordo sobre o convenio colectivo do sector, cuxa vixencia será de tres anos –desde 2020 ata 2022–.

Este acordo contempla incrementos salariais do 0,5 % en 2020, sen xerar atrasos –unicamente para os efectos de actualizar as táboas–; do 1,75 % para 2021 sobre a táboa salarial de 2020; e do 1,75 % para 2022 sobre a táboa salarial do ano previo.

O preacordo alcanzado supón para a parte empresarial renunciar á proposta para permitir a entrada de ETTs nas empresas; no entanto, si se acordou que a indemnización de contratos eventuais se pague ao finalizar o contrato e non mes a mes, como ata agora.

ÚLTIMAS

O condutor do coche que se precipitou ao mar en Domaio, cuxa acompañante apareceu morta, acelerou “notablemente” antes de caer

O condutor do coche sinistrado no Paseo de Domaio, en Moaña, "acelerou notablemente" antes...

Investigan a aparición dunha muller falecida tras caer nun coche ao mar en Domaio

A Garda Civil investiga as circunstancias que rodean a aparición do corpo sen vida dunha muller,...

Nova concentración na praia do Vao para reclamar “acceso libre” á illa de Toralla

A praia do Vao en Vigo acolleu este sábado un novo acto reivindicativo, organizado...