InicioEconomíaXunta e Asime cooperarán para reforzar o impulso transfronteirizo do sector metalúrxico

Xunta e Asime cooperarán para reforzar o impulso transfronteirizo do sector metalúrxico

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) trasladaron a súa disposición a cooperar para reforzar o impulso transfronteirizo deste sector.

Así o manifestaron ambas as partes tras unha reunión celebrada nas últimas horas, entre o vicepresidente do goberno galego, Alfonso Rueda; o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón; o vicepresidente de Asime, Rafael Outeiral; e na que tamén participou a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.

Segundo trasladou a administración autonómica, a súa intención é apontoar unha cooperación entre Galicia e o norte de Portugal, na que Asime “é precursora”, co fin de establecer sinerxías empresariais.

Entre outras cuestións, Alfonso Rueda abordou coa asociación a mobilización de fondos de Cooperación Territorial Europea (Interreg), aos que socios de Asime concorreron en anteriores ediciciones con proxectos para o desenvolvemento de tecnoloxías intelixentes e para a transferencia e valorización de nanotecnoloxías.

Pola súa banda, o sector metalúrxico galego, segundo expuxo Enrique Mallón, pretende manter o seu “forte vínculo” coa industria do metal do país veciño, e lembrou que Asime lanzou varias iniciativas conxuntas exitosas con empresas portuguesas, como a Federación Luso Galaica de Industrias do Metal.

Mentres, Rafael Outeiral explicou que a industria galega do Metal quere dar a coñecer todo o seu potencial na próxima edición da feira MindTech, que se celebrará en setembro en Vigo. Este evento pretende ser un “gran escaparate” do impulso do sector, e pór en valor a recuperación desa industria e as súas tecnoloxías no ámbito do Polo Ibérico e da industria 4.0.

ÚLTIMAS

Caballero asegura que Vigo xa abastece Baiona e advirte: “Podo cortar mañá a subministración”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este luns que Baiona xa está a...

Vigo volve esixir á Xunta e á Deputación que paguen a terzos as rutas de Peinador

O pleno do Concello de Vigo aprobou este luns, por sétima vez no que...

Unha muller e un neno, trasladados ao Álvaro Cunqueiro tras un incendio nunha vivenda de Vigo

Unha muller e un neno tiveron que ser trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras...

Vigo dá luz verde á taxa turística: de 0,80 a 2 euros, segundo o aloxamento

O pleno de Vigo aprobou este luns, cos votos favorables do goberno local socialista...