InicioEconomíaAbel Caballero anuncia probas para 32 prazas públicas e Marea ve "ridículo"...

Abel Caballero anuncia probas para 32 prazas públicas e Marea ve “ridículo” presumir dunha OPE pendente desde 2014

Aś probas presentáronse máis de 2.000 aspirantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns o inicio, no próximo mes de maio, das probas para cubrir 32 prazas da oferta pública de emprego (OPE) do Concello, ás que se presentaron máis de 2.000 aspirantes.

A través dunhas declaracións remitidas aos medios de comunicación, o rexedor informou de que as prazas se convocaron para diferentes categorías, como arquitectos técnicos, diplomados sociais, administrativos, oficiais, etc.

Do total das 32 prazas convocadas, 18 son para quenda libre, mentres que 14 son de promoción interna. Esta oferta suma, como lembrou Caballero, a execución da oferta de 62 prazas para policías locais e 24 para bombeiros.

Ante estas manifestacións do alcalde, o grupo municipal Marea de Vigo tachou de “ridículo” o seu “triunfalismo” e lembrou que a OPE anunciada correspóndese á que quedou sen executar dos anos 2014 a 2016.

Así, o portavoz do grupo, Rubén Pérez, sinalou que esta cuestión “tiña que estar resolta desde hai anos” e que o alcalde debería asumir a súa “responsabilidade” por unha “xestión nefasta” en materia de persoal. Segundo engadiu, Caballero anuncia como un “logro” algo que “a un alcalde responsable causaríalle vergoña”.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...