InicioEconomíaA Organización de Palangreiros Guardeses investirá 6 millóns para a construción dunha...

A Organización de Palangreiros Guardeses investirá 6 millóns para a construción dunha planta frigorífica e de I+D en Tui

Situarase no parque empresarial de Areas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Coincidindo co 25 aniversario da súa fundación, a Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) anunciou que investirá seis millóns de euros na construción dunha planta frigorífica e de I+D no concello de Tui.

A procura do terreo para situar a nave frigorífica “non foi tarefa fácil, dada a necesidade de espazo que require unha instalación como a planeada por Orpagu”. Finalmente, a organización atopou a parcela adecuada en Tui, co que mantén a súa actividade no Baixo Miño, que era o obxectivo perseguido desde un principio.

Cun investimento de seis millóns de euros, a planta e centro de I+D situarase no parque empresarial de Areas, que conta cunha estratéxica situación polo seu acceso directo á A55 e á Vía Tui-A Guarda. A nave albergará un almacén frigorífico con capacidade para 3.000 toneladas de peixe e unha aula de experimentación para traballar en novos produtos e formatos coa intención de chegar ao maior número de consumidores posible.

Desde Orpagu, prevén xerar máis de 30 postos de traballo directos en Baixo Miño cando a planta estea a pleno rendemento, o que se estima que suceda no último trimestre de 2022.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...