InicioEconomíaBaiona queda con restricións altas desde o luns

Baiona queda con restricións altas desde o luns

As reunións poderán ser de seis persoas non convivientes en exteriores, de ata catro en interiores de hostalaría

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia acordou, tras a reunión do subcomité clínico deste venres, manter en nivel máximo de restricións ao municipio de Beade, que será o único nesa situación desde o luns 29 de marzo, tras pasar Maside ao nivel alto.

Iso supón que en Beade o luns seguirá vixente o peche perimetral do municipio, a hostalaría só aberta para servizo a domicilio e recollida e as reunións de non convivientes prohibidas.

Deste xeito, segundo informou a Consellería de Sanidade, tras escoitar as recomendacións do subcomité clínico de expertos que avalía a situación da Covid-19 en Galicia este venres Maside pasa do nivel máximo ao alto xunto a outro nove municipios, entre os que se manteñen os pontevedreses de Sanxenxo e Baiona.

No nivel alto de restricións entran, ademais, os concellos de Cortegada, Pazos de Borbén e Padrenda, mentres que se manteñen no mesmo, ademais de Sanxenxo e Baiona, os de Vilardevós, Abegondo, Ortigueira e O Saviñao.

No nivel alto de restricións a hostalaría permanecerá aberta ata as 21,00 horas, con só apertura de terrazas cun aforamento do 50 por cento. As reunións poderán ser de seis persoas non convivientes en exteriores, de ata catro en interiores de hostalaría (ou espazos d carácter público) e estarán prohibidas nos domicilios ou calquera espazo de carácter privado

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...