InicioEconomíaO proxecto 'Seafeed' conclúe o desenvolvemento do "primeiro" sistema autónomo para a...

O proxecto ‘Seafeed’ conclúe o desenvolvemento do “primeiro” sistema autónomo para a alimentación de gaiolas acuícolas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto ‘Seafeed’ concluíu coa presentación do “primeiro” sistema autónomo e intelixente para a alimentación de gaiolas acuícolas de pequeno e mediano tamaño tanto en mares como en lagos, instalado nunha plataforma flotante energéticamente eficiente.

A xornada de peche deste proxecto, que conta cun financiamento de máis de 600.000 euros, celebrouse este luns en Moaña, nun acto no que participou a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey.

Con este sistema optimizaranse os procesos de alimentación en acuicultura mariña a través da implementación dun modelo virtual de xestión intelixente; e posibilitarase a mellora continua dos procesos produtivos a través dun software de xestión adaptable a calquera tipo de instalación.

Detrás deste proxecto atópase un consorcio que, liderado por Feeding System, está conformado tamén polas empresas Quantum Innovative, Engranor e Montajes Cancelas, en colaboración cos grupos de investigación Cima e Ecimat da Universidade de Vigo.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...