InicioEconomíaO Goberno de Vigo incorpora outros 13 millóns de remanentes para varias...

O Goberno de Vigo incorpora outros 13 millóns de remanentes para varias actuacións, entre elas o ascensor ‘Halo’

O elevador conectará García Barbón co centro Vialia. Tamén se inclúen nesa partida o novo paseo de Bouzas e a segunda fase das ramplas mecánicas da Gran Vía, entre outras actuacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo incorporará outros 13 millóns de euros de remanentes para acometer unha decena de actuacións, entre elas o denominado proxecto ‘Halo’, un ascensor que conectará García Barbón co centro Vialia e que inclúe unha zona circular de paseo-miradoiro elevado a máis de 40 metros.

Segundo explicou o alcalde da cidade, Abel Caballero, estes 13 millóns de euros de remanentes investiranse, por unha banda, no pago da primeira fase de construción dese ascensor (3 millóns dun total de 7,5 que custará a obra); no novo paseo de Bouzas (3,7 millóns); ou na segunda fase das ramplas mecánicas da Gran Vía (4,6 millóns).

Así mesmo, con cargo a eses remanentes, asignaranse 737.000 euros á humanización da estrada de Porto; 465.000 euros ao pavillón de Quirós; 125.000 euros á construción dun local nos baixos do Estadio de Balaídos para a Federación de Peñas do Celta e para a oficina de obxectos perdidos da Policía Local; e 55.000 euros á reparación de filtracións na planta baixa do Concello.

O resto de investimentos serán para a demolición do antigo restaurante Camaleón, no paseo de Samil (160.000 euros); a reforma do campo de fútbol da Guía (155.000 euros); e a reforma do campo de Fragoselo (95.000 euros).

Estes 13 millóns de investimento con cargo a remanentes súmanse aos case 36 millóns aprobados o ano pasado e, segundo explicou o alcalde, hai outros 60,2 millóns do orzamento do anterior exercicio que “se pasan” para 2021. Deste xeito, recalcou Caballero, a cidade terá proxectos en marcha por valor duns 109 millóns de euros procedentes deses ‘aforros’, “o investimento máis importante de ningunha cidade de Europa, en proporción á poboación”.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...