InicioSociedadeA Xunta pídelle "sensibilidade" a Portugal polo peche de fronteiras

A Xunta pídelle “sensibilidade” a Portugal polo peche de fronteiras

Este 16 de marzo estaba previsto a apertura tras máis de mes e medio de peche.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A fronteira entre Galicia e Portugal leva fechada case mes e medio. O Goberno portugués decidiu ampliar ese pecho ata o 16 de agosto e, ante a proximidade desa data, a Xunta pide “sensibilidade” cos traballadores transfronteirizos e o transporte de mercadorías.

Hai que ser prudente porque a situación sanitaria de Portugal lle corresponde ao Goberno portugués decidila pero pido que se valore determinadas posibilidades de apertura en determinados lugares onde só hai dous puntos de acceso e non evitar grandes desprazamentos”, dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo este xoves.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, preguntado sobre a posibilidade de novas prórrogas neste peche, que está sendo moi criticado polos concellos e traballadores transfronteirizos, Feijóo insistiu en que a decisión de abrir ou non é do Goberno portugués, “que é moi serio”, pero pediu que, se mantén fechada, “habería que tfacilitar entrada e saída de traballadores e mercadorías”.

ÚLTIMAS

Detidos mentres tentaban recuperar 80 quilos de coca nun colector en Vigo

Unha operación conxunta levada a cabo por axentes da Garda Civil e funcionarios de...

Luisa Sánchez asume o control do PP en Vigo para ser “alternativa” nas eleccións de 2027

A presidenta do PP de Vigo asumirá nos próximos días a portavocía do grupo...

Un axente en prácticas salva do afogamento a un vendedor de drogas que caeu no porto ao tentar fuxir

A Policía Nacional detivo nos últimos días a tres persoas en Vigo tras desarticular...

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...