InicioEconomíaGrandes inmobiliarias desembarcan en Vigo en plena crise cunha promoción de 48...

Grandes inmobiliarias desembarcan en Vigo en plena crise cunha promoción de 48 vivendas

AEDAS Homes cotiza en bolsa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A promotora inmobiliaria AEDAS Homes desembarca en Galicia co arranque das obras da súa promoción Ponte, en Vigo, que constará de 48 vivendas cuxa entrega está prevista para principios de 2023.

Este primeiro proxecto de AEDAS Homes en Galicia está situado na zona de Rosalía de Castro, e inclúe vivendas de diferentes tipoloxías desde 186.000 euros.

A inmobiliaria asegura nun comunicado que Ponte é unha das poucas promocións de Vigo que conta con sistema de aerotermia e ten, ademais, o selo de sustentabilidade Ecoliving, o que supón “unha elevada cualificación enerxética”.

AEDAS Homes é unha empresa cotizada en Bolsa desde 2017 que está presente nas principais cidades de 13 provincias, como Madrid, Alacante, Valencia, Sevilla, Zaragoza, Pamplona, Valladolid ou Málaga.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...