InicioEconomíaAbanca mantén o seu apoio a Nueva Pescanova e acudirá á ampliación...

Abanca mantén o seu apoio a Nueva Pescanova e acudirá á ampliación de capital contra a opinión dos fondos acredores

A entidade financeira conta xa co 88,4% das accións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Abanca decidiu acudir á próxima ampliación voluntaria de capital que anunciou Nueva Pescanova, confirmando así o seu apoio á compañía a pesar de que os fondos acredores son contrarios á súa supervivencia.

A entidade financeira adquiriu recentemente o 7,94% dos títulos que ostentaba Merrill Lynch Bank of America, superando xa o 88,4% das accións de Nueva Pescanova.

Ademais, conta co 84% da débeda estruturada da empresa galega e capitalizará esa débeda na súa totalidade para asegurar a viabilidade da pesqueira a longo prazo.

Nueva Pescanova non contou en ningún momento co apoio dun grupo de accionistas e acredores de perfil especulativo, que optaron por trocear acompañía e liquidala por partes.

Ao contrario, Abanca considera que debe seguir liderando esta nova etapa e asumir o esforzo financeiro necesario para a sustentabilidade do grupo pesqueiro, á vez que mostrou a súa confianza polo plan estratéxico do equipo xestor.

Nueva Pescanova arrastra 643 millóns de euros de débeda concursal da antiga Pescanova. Coa capitalización de débeda, a compañía espera estar saneada, cuns fondos propios robustos e con capacidade de desenvolver o seu negocio sen o lastre que supón a débeda actual.

A compañía emprega a máis de 10.000 persoas en Europa, África, Asia e América e vende os seus produtos en máis de 80 países do cinco continentes.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...