InicioEconomíaZona Franca de Vigo aproba o seu Plan de Obxectivos para 2021...

Zona Franca de Vigo aproba o seu Plan de Obxectivos para 2021 e prevé investimentos por case 60 millóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Comité Executivo de Zona Franca de Vigo aprobou este martes o seu Plan Anual de Obxectivos para 2021, ano en que prevé realizar investimentos por case 60 millóns de euros; así como a adxudicación da xestión do centro comercial A Laxe; e a ampliación da bonificación na renda ao aparcadoiro no mesmo centro comercial.

Segundo informou o organismo, o ano que vén Zona Franca prevé investir uns 60 millóns de euros. Deles, 18 millóns destinaranse aos seus parques empresariais (Porto do Molle, Balaídos, Bouzas, PTL e A Pasaxe); 4,1 millóns serán para a rehabilitación do ámbito da Panificadora, ao carón do Concello de Vigo; 3,6 millóns investiranse en melloras de eficiencia enerxética nos polígonos empresariais; 2,8 millóns na nova sede do organismo en Areal; e 1,5 millóns serán para iniciar a obra do edificio do ‘World Car Center’.

Por outra banda, o Comité Executivo tamén aprobou a adxudicación, á empresa Optima Asset Management Ibérica, da xestión do Centro Comercial A Laxe. O contrato prevé unha vixencia de 20 anos, con posibilidade de prórrogas dun máximo de 10 anos.

Así mesmo, acordouse incrementar ata o 60 por cento a bonificación na renda do aparcadoiro deste centro comercial, debido á situación excepcional de caída de ingresos pola pandemia de COVID.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...