InicioEconomíaA automoción galega pretende crear 900 empregos e mobilizar 1.300 millóns co...

A automoción galega pretende crear 900 empregos e mobilizar 1.300 millóns co proxecto que opta a fondos europeos

Vigo acolleu este luns a constitución do grupo de traballo sectorial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo acolleu este luns a constitución do grupo de traballo sectorial da automoción para captar fondos de reconstrución da Unión Europea, os denominados Next Generation, e que pretenden mobilizar co proxecto AutoAncora un total de 1.300 millóns de euros, á vez que crear 900 postos de traballo especificamente vinculados a esta iniciativa nun sector que supón o 15 por cento do PIB galego, o 15 por cento do emprego industrial e case o 30 por cento das exportacións galegas.

Este grupo de traballo está formado polo socio tecnolóxico CTAG, que conta con 800 persoas, o clúster de empresas da automoción de Galicia (Ceaga) –con 130 empresas– e o Grupo PSA. Este proxecto forma parte dos 108 remitidos ao Goberno central para optar aos fondos europeos e ten como obxectivo a dixitalización e a mellora da tecnoloxía no sector e, entre os seus fins, está o impulso dun laboratorio tecnolóxico de propulsión limpa, que permita aproveitar o potencial do hidróxeno verde.

Na presentación do proxecto en Vigo estiveron presentes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, xunto ao seu vicepresidente económico e titular de Industria, Francisco Conde. Os impulsores do proxecto non cifraron exactamente o investimento ao que optan, posto que fai falta puír os detalles, dixeron, e, en canto ao proxecto, apuntaron que é unha modernización “necesaria” que levará a cabo –aínda que non fose seleccionada– e que, en todo caso, o seu desenvolvemento dependerá da “intensidade” para captar fondos europeos.

“Debemos responder con máis tecnoloxía. Desde CTAG seguimos os desafíos da mobilidade e temos que aproveitar a oportunidade dos fondos europeos para liderar a situación do sector”, apuntou o directo do centro tecnolóxico, Luís Moreno, na súa intervención.

Así, explicou que o laboratorio que está previsto servirá para “simular e probar” en condicións de seguridade a rodaxe dos vehículos. O obxectivo é “completar a aposta estratéxica” da Xunta ao redor da xeración do hidróxeno verde cun laboratorio xestionado por CTAG especializado na aplicación do hidróxeno verde ao transporte, xunto con outras solucións limpas ou ecolóxicas.

Pola súa banda, o director do Grupo PSA, Ignacio Bueno, sinalou que o seu grupo “asume o rol de tractores de economía e do sector en Galicia” e que, por iso, participaron de “forma activa” no desenvolvemento deste proxecto. Neste sentido, destacou a súa “capacidade de liderado e de execución” e afirmou que proxectos como este “permitirá ancorar os centros de desenvolvemento” e “manter no territorio galego as empresas que están” para “o soporte social e económico da zona”.

O presente de Ceaga, Juan Antonio Lloves, referiuse ás cifras do sector para indicar que son “resultado do pasado”, polo que é necesario o impulso para que o sector se sosteña no futuro.

En xeral, trátase de sete actuacións que pasan por impulsar a execución de investimentos das empresas para aumentar a súa competitividade e promover a súa transformación dixital e ecolóxica; optimización dos fluxos loxísticos, coa integración e sincronización dos diferentes elos da cadea de valor e o impulso á dixitalización; capacitación dos profesionais do sector da automoción en habilidades dixitais e tecnolóxicas; impulso de iniciativas para aumentar a competitividade e excelencia operacional das empresas do sector; captación, impulso e desenvolvemento de iniciativas de alto impacto I+D+i relacionadas co vehículo do futuro; o mencionado laboratorio e unha infraestrutura singular para o desenvolvemento e a validación de vehículos de nova xeración, intelixentes, sustentables, automatizados e conectados.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...

Condenado a 2 anos de cárcere e perda do carné por 4 anos o condutor novel que embestiu a unha motorista en Coruxo no...

O xulgado do Penal 2 de Vigo condenou á pena de 2 anos de cárcere ao...