InicioEconomíaCaravana de hostaleiros en Vigo para denunciar o peche dos seus locais

Caravana de hostaleiros en Vigo para denunciar o peche dos seus locais

Tamén haberá caravanas en Pontevedra e Caldas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os hostaleiros galegos secundarán mobilizacións contra o peche do sector e para esixir axudas, segundo explicaron a Europa Press desde as distintas asociacións consultadas. Ademais, confirmaron que ultiman a convocatoria dunha protesta a nivel autonómico, pendente de ratificar o día, mentres pediron unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Así, para este venres, a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra convocou unha caravana de coches en protesta polo que cualifica como “un duro golpe” para o sector. Será unha mobilización que partirá ás 11,00 horas do aparcadoiro de Samil, en Vigo, unhas protestas que terán lugar tamén en Pontevedra e Caldas, segundo informan.

Entre outras cuestións, piden que se lles permita aplicar un “ERTE por impedimento, figura que recolle a exoneración do 100% das cotas á Seguridade social”; a suspensión do pago da cota de autónomos e medidas para garantir a liquidez das empresas como préstamos.

Tamén o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, que anunciou a convocatoria dunha manifestación para o sábado nesta cidade, a partir das 11,00 horas, para protestar polas novas restricións que levarán ao peche da hostalaría durante un mes en 60 municipios, entre eles as sete cidades galegas.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...