InicioEconomíaO consorcio Casco Vello de Vigo aproba un orzamento por máis de...

O consorcio Casco Vello de Vigo aproba un orzamento por máis de 4 millóns de euros para 2021

Do mesmo xeito, resolveuse demandar ás administracións consorciadas os recursos necesarios para a execución do devandito plan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio Casco Vello de Vigo aprobou o Plan de actuacións, investimentos e financiamento para 2021, cuxo orzamento supera os 4 millóns de euros.

Segundo trasladaron a Presidencia do Consorcio, que corresponde á Xunta, nunha sesión celebrada este luns, acordouse iniciar o plan de actuacións e requirir ao goberno local vigués “o exercicio das potestades urbanísticas necesarias” para a execución do mesmo. Do mesmo xeito, resolveuse demandar ás administracións consorciadas os recursos necesarios para a execución do devandito plan.

En concreto, o consorcio está participado pola Xunta e o Concello de Vigo e presidido pola delegada territorial da Administración autonómica na cidade, Marta Fernández Tapias.

Precisamente, Fernández Tapias lembrou recentemente que a marxe de actuación da entidade atópase limitado pola imposibilidade de adquirir varios inmobles situados na zona alta do centro histórico. Por iso, reclamou de novo a colaboración do Concello, ao que pediu que asinase o convenio de expropiación que mantén “paralizado” desde 2017.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...