InicioEconomíaO Eixo Atlántico insta o Goberno central a investir no Corredor tras...

O Eixo Atlántico insta o Goberno central a investir no Corredor tras retomar Portugal a conexión O Porto-Vigo

Pide sacar a concurso o estudo informativo da saída sur.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, instou ao Goberno a investir no Corredor Atlántico e a sacar a concurso o estudo informativo da saída sur de Vigo despois de que Portugal incluíse retomar a conexión ferroviaria O Porto-Vigo no seu plan nacional de investimento ata o 2030.

Vázquez Mao celebrou o anuncio feito público este xoves polo Goberno portugués e destacou o feito de que a futura liña, que se prevé que estea construída antes de 2030, vaia a pasar pola cidade de Braga e polo aeroporto de Sa Carneiro.

Segundo destacou, o trazado, de velocidade alta, permitirá unir Porto e Vigo “nunha hora ou 70 minutos” e suporá que todos os portos e aeroportos da franxa atlántica queden conectados por vía ferroviaria.

Ademais, conforme sinalou, o goberno portugués tamén anunciou a construción dunha liña de alta velocidade que unirá Lisboa e O Porto “nunha hora e 15 minutos”, cuestión que, como celebrou, permitirá realizar o traxecto entre A Coruña e Lisboa en “catro horas e media”.

Por todo iso, considerou que o Executivo estatal “xa non ten desculpa” para non investir no Corredor Atlántico e esixiu que saque “antes de final de ano” o estudo informativo da saída sur de Vigo.

ÚLTIMAS

Fernando Franco: O último gran cronista da vida viguesa

Vigo quedou un pouco máis gris, un pouco menos elegante. Coa partida de Fernando...

Médicos de Atención Primaria éncerranse no centro de saúde Olimpia Valencia de Vigo para esixir negociación coa Xunta

Un grupo de médicos de Atención Primaria encerrouse este luns pola tarde nas instalacións...

Sindicatos denuncian que o Sergas quere modificar sen negociación as condicións do persoal de terapias do Chuvi

A Comisión de Centro da área sanitaria de Vigo denunciou este luns que a...

Abel Caballero oponse ao proxecto de vivenda protexida da Xunta no Ofimático

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, opúxose este luns ao proxecto da Xunta de...