InicioEconomíaAs xornadas de automatización industrial da UVigo sumarán máis 30 participantes na...

As xornadas de automatización industrial da UVigo sumarán máis 30 participantes na súa edición virtual

Unha plataforma acollerá os relatorios de máis de 70 profesionais e permitirá que as empresas visibilicen os seus proxectos

PUBLICADO O

- Advertisement -

As Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial (JAI) que organiza a Universidade de Vigo (UVigo) contarán coa participación de máis dunha trintena de multinacionais na súa primeira edición virtual, que terá lugar entre o 26 e o 30 de outubro.

Nunha rolda de prensa celebrada en Vigo, o director das JAI, José Ignacio Armesto, indicou este evento celebrarase de modo telemático debido á pandemia da COVID-19. Con todo, resaltou que o volume de participantes desta edición incrementouse en relación á de 2018.

A este respecto, Armesto destacou que este formato permitirá contar coa participación de distintos profesionais ao non requirir a súa presenza física na Escola de Enxeñaría Industrial da UVigo, que exerce como sede das xornadas.

Así, sinalou que se colaborou cunha empresa galega e a universidade para desenvolver unha plataforma baseada nun software de código aberto que representará “un xemelgo dixital” dos espazos do centro e acollerá as xornadas. O director das JAI explicou que esta plataforma contará con estands dixitais que incluirán documentos técnicos e ligazóns a vídeos para presentar os proxectos das empresas que se sitúan neles.

PROGRAMACIÓN

O director das xornadas avanzou que o acto inaugural do evento contará coa participación do director do Clúster Ibérico e a planta de Zaragoza do Grupo PSA, Juan Antonio Muñoz. Tamén intervirán representantes da Zona Franca de Vigo, a universidade, o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (asime).

Posteriormente, darán comezo os relatorios, que se desenvolverán ao longo das xornadas e que serán impartidas por máis de 70 enxeñeiros e directores de distintas empresas, como Repsol, Alisys, HP, Siemens e Universal Robots, Kellog.ción.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...