InicioEconomíaA pandemia provoca perdas de 0,7 millóns a Audasa pola redución do...

A pandemia provoca perdas de 0,7 millóns a Audasa pola redución do tráfico na AP-9

PUBLICADO O

- Advertisement -

O tráfico na autoestrada do Atlántico (AP-9) reduciuse nun 35,99% no primeiro semestre debido á crise do coronavirus, ata os 14.798 vehículos de media diaria en comparación cos 23.118 que transitaban de intensidade media diaria entre xaneiro e xuño de 2019.

A AP-9, segundo destaca a concesionaria nun comunicado de prensa, pasou “de ser a sexta do Estado en circulación media diaria de vehículos en 2019, á quinta no primeiro semestre de 2020”, e continúa por encima da media.

“A forte contracción do tráfico reduciu a facturación do semestre nun 34,6% ata os 46,7 millóns de euros”, expón na nota. Autopistas del Atlántico S.A. presenta este luns as súas contas correspondentes ao primeiro semestre do exercicio 2020 á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), nas que rexistra “por primeira vez na súa historia recente”, e desde que se completou o total do seu trazado, perdas por valor de 0,7 millóns de euros.

O tráfico diario da autoestrada alcanzou o seu mínimo semestral no mes de abril, durante o confinamento, con 5.440 vehículos. A desescalada, segundo resalta, “permitiu triplicar a circulación diaria ata os 17.971 vehículos, aínda que un 28,8% por baixo das cifras de xuño de 2019”.

“A pesar da baixada da mobilidade, a actividade da concesionaria foi considerada como un servizo esencial e permaneceu inalterada e sen aplicar expediente de regulación temporal de emprego (Erte) ata a data”, subliña.

Engade que durante a crise a compañía puxo en marcha un paquete de medidas para afrontar o impacto do coronavirus, que inclúe a preservación da liquidez, así como “un compromiso polo emprego e o fomento do teletraballo“.

175.000 DISPOSITIVOS DE TELEPEAXE

Desde o inicio da pandemia, a concesionaria prioriza as vías de pago automáticas, segundo indica, “para impulsar a seguridade”. No primeiro semestre do ano, e en comparación co mesmo período de 2019, o cobro automático aumentou 5,7 puntos e utilízase xa no 92,4% das viaxes. No mes de xuño, 174.548 vehículos empregaron dispositivos de telepeaxe, segundo os seus datos.

ÚLTIMAS

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Sumar Galicia impulsa unha proposta de coalición de esquerdas en Vigo de face ás próximas eleccións municipais

Movemento Sumar Galicia remitiu unha carta a Esquerda Unida, Verdes Equo, Anova e Podemos...

O aeroporto de Vigo opera con “normalidade” no cuarto día de folga dos controladores aéreos

Os aeroportos de Vigo e A Coruña funcionan "con normalidade" na xornada deste luns,...