InicioEconomíaADIF pon á venda por poxa pública 14 inmobles da súa propiedade...

ADIF pon á venda por poxa pública 14 inmobles da súa propiedade en Galicia, unha decena delas en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) porá á venda a través de poxa pública un total de 14 inmobles da súa propiedade en Galicia. En concreto, son 10 vivendas situadas en Vigo, unha casa con parcela en Boborás, dúas vivendas con parcela comunitaria en Ourense e unha parcela en Sarria.

O prazo de presentación de ofertas, informa ADIF, finaliza o próximo 4 de novembro ás 12,00 horas. Estas propiedades, cuxos prezos oscilan entre os 10.794 e os 242.358 euros, poderán ensinarse aos interesados unicamente baixo cita previa.

A fianza das vivendas está establecida no 5 por cento do seu valor de saída á poxa pública, mentres que para as parcelas é do 25 por cento.

Os pregos de condicións do proceso atópanse a disposición dos interesados nas oficinas da Xerencia de Área Noroeste – Xefatura de Patrimonio e Urbanismo en Galicia, situada na estación de tren da Coruña-San Cristóbal.

A poxa desenvólvese dentro do plan de racionalización de activos que leva a cabo ADIF, co obxectivo de “mellorar a eficiencia na xestión destes activos, xerar ingresos e reducir custos”.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...