InicioEconomíaUn centro tecnolóxico do Porriño lidera un proxecto con aplicacións na industria...

Un centro tecnolóxico do Porriño lidera un proxecto con aplicacións na industria aeroespacial

A investigación podería axudar a reducir o peso de elementos presentes en naves espaciais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O centro tecnolóxico AIMEN, situado no Porriño (Pontevedra), lidera o proxecto PHENOmenon, no que participan investigadores doutras institucións (Fundació Institut de Ciències Fotòniques de España, Centre National da Recherche Scientifique de Francia, e Institut Mines Tèlècom de Francia) e que traballa na fabricación de ópticas e produtos holográficos para sectores como a automoción ou o aeroespacial.

Este proxecto, que tamén conta con socios empresariais, investiga o desarollo dunha nova tecnoloxía de fabricación de ópticas e holografía para aplicacións como a iluminación de alta eficiencia, a mellora de pantallas curvas e flexibles, a seguridade de documentos ou produtos innovadores para a industria.

Así, PHENOmenon, que conta cun investimento de 4 millóns de euros, traballou coa “paralelización masiva”, unha técnica de produción por láser que permite dividir un haz de láser en gran cantidade de raios simultáneos, cada un dos cales é capaz de funcionar como unha impresora 3D independente a escala nanométrica.

É a primeira vez a nivel mundial que se consegue dividir un único láser en máis de 10.000 fas simultáneos cunha resolución mellor que unha micra e mantendo o proceso con calidade. Así se pode aproveitar mellor a potencia dos láseres industriais, redúcense os tempos e abarátanse os procesos.

APLICACIÓNS

Grazas a esta técnica, puidéronse fabricar lentes dun espesor dunha micra e con propiedades ópticas extraordinarias, usando só nanoestructuras impresas en 3D. Isto permitirá, entre outras cousas, deseñar sistemas de concentración solar sen practicamente engadir peso, algo moi relevante nas aplicacións espaciais, e posibilita miniaturizar cámaras e sensores.

No marco deste proxecto tamén se logrou transformar ‘filme’ plástico nun difusor ultracompacto de alto rendemento, grazas á aplicación de microestructuras fabricadas por láser. Este fito permitirá aplicacións en pantallas de dispositivos TIC, como as pantallas curvas e flexibles.

COLABORACIÓN CON EMPRESAS E ORGANISMOS

Todos estes avances están a validarse en diferentes aplicacións innovadoras, unha delas é para a Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, para a que se están deseñando novas estruturas holográficas para documentos de identidade e para dificultar as falsificacións.

Tamén se está traballando co grupo PSA para integrar nos coches paneis de información e entretemento, con interacción ‘touchless’ empregando hologramas.

Outra das aplicacións está a desenvolverse coa firma FlexEnable, e trátase dun sistema de retroiluminación eficiente para pantallas flexibles e curvas; tamén se colabora coa empresa DesignLED na fabricación de láminas plásticas flexibles con LEDs integrados e, por último, coa firma Thales coopérase no desenvolvemento de concentradores fotovoltaicos para aplicacións aeroespaciais.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...