InicioEconomíaO TS anula a ampliación da planta dunha filial de Nova Pescanova...

O TS anula a ampliación da planta dunha filial de Nova Pescanova en Oia

O proxecto, que foi aprobado pola Xunta en 2009, non se axusta a dereito por non incluír o estudo de alternativas para a avaliación ambiental.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo ditou unha sentenza na que estima de forma parcial un recurso, e anula o acordo do Consello da Xunta do 30 de xullo de 2009, polo que se aprobou o proxecto sectorial do Parque de Tecnoloxía Alimentaria de Mougás, en Oia, e que permitía a ampliación da planta de cría de rodaballo da empresa Insuíña, filial de Nova Pescanova.

Segundo a resolución do TS ese proxecto non é axustado a dereito, ao non incluír o estudo de alternativas posibles para a avaliación de impacto ambiental. Así, estima parcialmente un recurso de casación interposto polo Cámping Mougás, contra unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que avalaba o acordo do Consello da Xunta, e que queda agora anulada.

DENUNCIA

O Cámping Mougás interpuxo un recurso contra o acordo do Consello da Xunta esgrimindo varios argumentos relativos a cuestións ambientais, de viabilidade económica ou do uso de enerxías renovables na planta de Insuíña.

O TSXG desestimou o recurso e ratificou o acordo, e os demandantes presentaron recurso de casación ante o Tribunal Supremo. Agora, o alto tribunal estimou parcialmente devandito recurso e anula a sentenza do órgano xudicial galego, así como o acordo da Xunta.

 

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...