InicioEconomíaNueva Pescanova reduce capital social en 78 millóns para equilibrar o valor...

Nueva Pescanova reduce capital social en 78 millóns para equilibrar o valor das participacións e o seu patrimonio

A Xunta Xeral de accionistas aproba unha redución de 147 a 69 millóns.

PUBLICADO O

A Xunta Xeral de accionistas do Grupo Nueva Pescanova aprobou este luns unha redución do capital social de 78 millóns de euros (pasa de 147 a 69 millóns) para “restablecer o equilibrio entre o valor nominal das participacións sociais e o patrimonio neto da sociedade”.

Así o comunicou a propia multinacional pesqueira, tras a celebración desa Xunta Xeral, que tivo lugar nas súas instalacións de Chapela-Redondela.

Nueva Pescanova sinalou que “o reequilibrio no balance pon á empresa nunha situación máis vantaxosa para conseguir financiamento no mercado e optar a subvencións públicas”.

Por outra banda, na reunión deste luns deuse luz verde ás contas do exercicio de 2019, no que o EBIDTA de xestión do grupo situouse en 50 millóns de euros (fronte aos 75 millóns do ejericio anterior) “debido a factores externos, principalmente á caída de prezos do gambón e do lagostino ‘vannamei’, aos aranceis de Arxentina, e ao descenso de vendas en Asia”.

Esa redución viuse reflectida no resultado neto do Grupo que, a pesar de ter facturado 1.057 millóns de euros (cun aumento do 8 por cento nas súas vendas), tivo perdas por 41 millóns de euros.

Así mesmo, a xunta de socios tamén aprobou o informe de xestión de 2019, a xestión do Consello de Administración e o nomeamento de KPMG como auditor de contas da sociedade para o exercicio 2020.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...