InicioEconomíaTraballadores da Guarda ou Arbo fan 200 km diarios a pesar de...

Traballadores da Guarda ou Arbo fan 200 km diarios a pesar de vivir a 20 minutos do traballo polo peche de fronteiras

Nós aquí na raia somos case unha familia e estamos vivindo unha situación dramática", destaca o vicepresidente da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha médica que vive na Guarda e vai traballar todos os días para o hospital de Viana do Castelo fai máis 80 quilómetros pola mañá e outros 80 quilómetros á tarde. Non pode cruzar polo ferry que une Caminha con Camposancos, na Guarda, o que acurtaría o traxecto en 50 quilómetros.

Unha perruqueira que é de Arbo pero ten o seu negocio en Melgaço ten que facer máis de 200 quilómetros ao día. A pesar de estar a menos de 20 minutos do seu traballo ten que ir a Tui para cruzar alí a fronteira. Pode botar ata tres horas na estrada ao día para ir e volver a traballar.

Como estes casos hai numerosos exemplos que fan case inviable que os traballadores transfronteirizos poidan conciliar a súa vida laboral coa persoal, ademais da perda económica que iso supón. O principal problema é que, logo de inicio da pandemia, só quedou aberto un paso fronteirizo, o de Tui-Valença, o que está provocando graves problemas tras o inicio do desconfinamento.

Rio miño perto de Tui con a fortaleza de valensa do miño na outra orilla © Miguel Nuñez

“SITUACIÓN DRAMÁTICA”

Nós aquí na raia somos case unha familia e estamos vivindo unha situación dramática“, destaca o vicepresidente da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Miño, Fernando Nogueira que insiste na necesidade de abertura de novas pasaxes na fronteira entre o Norte de Portugal e Galicia para “aliviar” os “prexuízos” causados aos traballadores transfronteirizos”.

E a situación vai para longo xa que as fronteiras terrestres entre Portugal e España van continuar encerradas até ás 00:00 do 15 de xuño, segundo a resolución de Consellos de Ministros de Portugal publicada o pasado mércores. Unha decisión que non ten gustado no Norte de Portugal, nin tampouco en Galicia.

Estes problemas económicos e sociais afectan directamente a un total de 26 concellos: os 10 municipios do distrito de Viana do Castelo que compoñen a Comunidade Intermunicipal (CIM) do Alto Miño e 16 concellos galegos da provincia de Pontevedra.

Desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha / Wikimedia Commons

“DESCONFINAMENTO GRADUAL”

Fernando Nogueira, que é tamén alcalde de Vila Nova de Cerveira que, xuntamente co concello de Tomiño, forman unha eurocidade, defendeu aínda a necesidade de que, “o desconfinamento se faga de xeito gradual e simultáneo nos dous lados da fronteira para que, efectivamente, a economía poida retomar a súa actividade”.

“O pequeno comercio, a restauración, non poderán retomar a súa actividade se non se abren as fronteiras. Nós vivimos claramente virados para a Galiza. Neste momento non é o caso porque agora todos os equipamentos municipais están pechados, mais en Vila Nova de Cerveira non me valería ter a piscina municipal a funcionar porque máis do 60% dos usuarios veñen do outro lado do río”, subliñou.

Por iso, o autarca luso insiste en que é “absolutamente fundamental crear condicións” para que esta rexión transfronteiriza “deixe de ter a fronteira que durante moitos anos a limitou e que, coa Europa comunitaria, tiña dato a facilidade para relacionares”, entre os dous pobos veciños. “Agora volveu a existir este malfadado muro de Berlín”, lamentou en declaracións á Lusa.

ÚLTIMAS

O impacto do exfuracán Kirk: ventos de case 150km, tellados e árbores caídas e inundacións

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste...

O encargado dunha empresa de Vialia acusado de acoso laboral nega os feitos e alega que o traballador “non cumpría”

O encargado dunha empresa de mantemento que presta servizo no centro comercial Vialia de...

Air Europa cancela os seus voos entre Vigo e Madrid pola borrasca

09/10/2024    10:40H A conpañía aérea anunciou na súa páxina web que quedan cancelados os voos...

O acusado de abusar de dúas menores nega os feitos e as psicólogas ven crible o relato das nenas

Un home acusado de dous delitos continuados de abuso sexual sobre menores de 16...