InicioEconomíaArbo, Crecente, As Neves e Salvaterra piden que se abra xa a...

Arbo, Crecente, As Neves e Salvaterra piden que se abra xa a veda da lamprea como en Portugal

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os alcaldes de Arbo, Crecente, As Neves e a Alcaldesa de Salvaterra mantiveron este sábado un encontro para tratar sobre a reapertura da pesca tradicional da Lamprea no tramo do Rio Miño e no Rio Tea.

Como consecuencia da decisión adoptada polo Consello de Ministros Portugues, donde se autoriza a partires do día 4 de maio a reapertura da pesca tradicional nas pesqueiras na marxe esquerda internacional do Rio Miño, os alcalde e a alcaldesa dos catro municipios tamén lle piden ao Goberno español que fga o mesmo.

Na reunión os rexedores e a rexedora, decidiron remitir un escrito conxunto dirixido á Delegación do Goberno en Galicia solicitando a reapertura da temporada de pesca tradicional nas “Pesqueiras” do tramo internacional do Miño, tendo en conta que este tipo de actividade esta considerada como pesca tradicional con destino autoconsumo.

Os alcaldes e a Alcaldesa entenden que se se autoriza o desprazamento persoal para coidar de animais e a actividades relacionadas coa agricultura para autoconsumo, a pesca da lamprea debería estar dentro desta categoría.

Os alcaldes e a alcaldesa confían en que nestes días se aclare este asunto e dende o goberno de España se teña en conta esta pesca e os pescadores poidan acudir a pescar nas pesqueiras ou nas estacadas, sempre cumprindo coas recomendacións sanitarias.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...